
As Danaides cumprindo seu castigo
Artemis aconsella a Hipermnestra que deixe fuxir ao seu esposo na noite de vodas. Linceo, que así se chama o esposo, fuxe. Hai varias posibilidades polas que o deixa ir: ben polo propio consello de Artemis, porque a Danaide sente piedade polo esposo que respetou a súa pureza, porque se namora de verdade do seu curmán, ou disfruta desobedecendo ao seu pai e con elo saltarse airosa o pacto que se fixo entre pai e fillas. Unha última posibilidade sería a de que Hipermnestra rexeita tácitamente a violencia. O que si parece certo é que cando seu pai decátase da súa desobediencia enviouna a que a xulgaran, pero foi absolta polos xuíces. Obviamente, non cometera o delito.
As que non foron absoltas son as corenta e nove irmás restantes, que si fan o pactado nos desposorios. Matan aos seus esposos, que son enterrados de maneira moi neolítica, as súas cabezas foron separadas do corpo e enterradas en Lerna, os seus corpos, nas murallas da cidade.
No Hades, os xuíces dan coa condena para as Danaides, foron obrigadas a levar grandes cantidades de auga a un pozo que non tiña fondo. O cal se converte nun castigo eterno, pois o pozo non se enche nunca. Non é un castigo moi violento, pero abondo desesperante como para saber que o que resta vaise repetir ate o infinito. Pero tamén existe unha paradoxa, sendo a auga como é a orixe de toda vida convértese para as mozas metafóricamente no contrario. Xa vedes, a auga na vida das Danaides é por exceso ao que por defecto é na de Tántalo.
O resto das personaxes segundo tradicións e versións corren distintos destinos. Unha das versións , e para o que aquí non nos interesa, é que hai unha resolución satisfactoria e reconciliadora para todas as partes, divinidades incluídas. Pero a que máis resalta é a funesta, na cal Linceo mata a Dánao, as Danaides son castigadas, e Exipto fuxe a Aroe onde morre so e sen fillos.
O mito é interesante por varios motivos, pero sobre todo polas interpretacións que se lle pode dar. Como expón nun traballo sobre o tema José María Lucas :Mito y tragedia II:Las Danaides o la armonía entre los sexos (Revista Epos, nº7,1991, UNED), as Danaides poden ser consideradas polo seu carácter amazónico, xa que Hesíodo lles atribuía os caracteres de guerreiras, cazadoras e en profundo contacto coa natureza. Neste sentido hai versións que falan de que Dánao obrigábaas a buscar ou rastreaxar fontes, ríos, ou lugares provistos de auga. Pero amazonas tamén polo seu rexeitamento a unirse ao sexo masculino ( esta versión foi desaparecendo co tempo).
Outro aspecto interesante é a excepción que representa Hipermnestra, primoxénita de Dánao. Desobedeceu ao seu pai, pero porqué motivo, sentiu piedade por Linceo?, acolleu con agrado que Linceo lle dese tempo para que se adecuase a el e así lle poidera tomar cariño?, por negarse á violencia?, ou en fin, porque se namorou de Linceo a primeira vista? sexa polo que for acaba sendo a rara avis das irmás. Segue casada co Linceo e dese matrimonio estable nace un fillo, Abas, que sería o duodécimo rei de Argos alá polo II milenio antes de Cristo segundo as fontes literaias antigas.
Para as interesadas, as interpretacións modernas do mito son varias, o rexeitamento por parte das Danaides parece unha postura moi moderna, exogámica, xa que supón ir contra relacións endogámicas que por outra parte representa a postura dos Exipcios, e, polo tanto, máis arcaica.Mesmo que ese rexeitamento é froito de negarse a relacións forzadas e que non desexan. É dicir, que non están namoradas dos seus curmás.
E por último a interpretación freudiana ou psicoanalítica, como queirades. As Danaides son castigadas, si, pero nin elas nin os deuses que as castigaron sabían iso que nos revelou Freud milenios despois, que os seus actos foron consecuencia de estaren atravesando o segundo estadio do "complexo feminino de castración". Aí é nada!. (Como sei que tedes unhas mentes curiosas direivos que ese estadio é o de cambio de carácter coa adopción dun complexo masculino).As interpretacións psicoanalíticas nunca as comprendín, todo sexa dito de paso. A psicoanálise aburre moitísimo.
Concluíndo, está en relación a magnitude do castigo das Danaides coa falta cometida? Vós diredes..
*** As imaxes que puxen non están no sitio que quería, non souben poñelas no seu correspondente lugar, por iso saen ao principio de cada texto.